Skip to main content
ActualidadeLugoMuras

O Goberno da Deputación xera outros 13 novos empregos na provincia co Ben Empregado e o DepuEmprego

Por 1 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

O Goberno da Deputación xera 13 novos empregos en 6 municipios da provincia: Monterroso, Ribeira de Piquín, Triacastela, Muras, Lugo e Monforte de Lemos. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Son, concretamente, 8 postos do DepuEmprego en Monterroso: 2 peóns limpeza; 3 peóns de obras; 1 conserxe; 1  tractorista – palista e 1 mestre educación infantil.

Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego. O prazo de solicitude abrirase a partires da segunda semana de agosto.

Os postos de traballo que xera o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado son os seguintes: camareiro en Ribeira de Piquín; técnico de control de pragas en Triacastela; axudante de cociña en Muras; oficial de perruquería para Lugo; e oficial forestal para Monforte de Lemos.

Prazo de solicitudes aberto para 25 postos en 4 Concellos

Ademais destes postos, está aberto o prazo de solicitudes para optar a 25 postos a través do DepuEmprego. En concreto son:

–  4 empregos nas Nogais de peóns de obras públicas. Prazo aberto do 01/08/2017 ata o 08/08/2017.

– 11 empregos en Palas de Rei: 1 peón de limpeza, 2 peóns mantemento e restauración, 4 peóns mantemento, 1 enxeñeiro industrial, 1 socorrista, 1 técnico educación infantil, 1 traballador social. Prazo aberto do 01/08/2017 ata o 05/08/2017.

– 4 empregos na Pobra do Brollón: 1 oficial de 1ª electricista, 1 peón forestal, 2 peóns obras. Prazo aberto dende o 31/07/2017.

– 6 empregos en Quiroga: 1 electricista, 1 peón servizos múltiples, 1 conserxe, 1 animador sociocultural, 1 limpador, 1 operador de cámara Prazo aberto dende o 01/08/2017 ata o 07/08/2017.

Máis emprego este ano

Con estes 8 novos empregos, son 235 os postos de traballo que o Goberno da Deputación leva xerado en 59 municipios da provincia co DepuEmprego. O plan inclúe un total 263 empregos nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes. Polo tanto, nas vindeiras semanas ofreceranse máis postos de traballo. O Executivo Provincial decidiu asumir todos os custos laborais dos profesionais con 3 millóns de euros da Deputación. Do orzamento provincial de 2017, o Goberno destina 3,8 millóns á segunda edición do DepuEmprego para incrementar o número de empregos xerados nos municipios da provincia este ano.