Fernández Queipo participa no InsuaCamp 2017 financiado polo Goberno da Deputación

O Deputado de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, participou este mércores nunha das xornadas do INSUACAMP 2017, unha iniciativa formativa financiada polo Goberno da Deputación e dirixida a un total de 12 estudantes e profesionais do ámbito medioambiental.

Esta actividade céntrase no estudo e análise da fauna e flora da conca alta do río Miño na Terra Cha, na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Máis concretamente, afondaranse nas ínsuas de Rábade, xestionadas polo Goberno da Deputación.

Fernández Queipo destacou que “trátase dunha iniciativa única coa que afondaremos na biodiversidade de animais e plantas que dispomos na nosa provincia, concretamente na Reserva da Biosfera Terras do Miño, un dos espazos naturais máis importantes da nosa comunidade”.

Neste senso, o Deputado destacou que a través desta acción formativa elaboraranse estudos sobre os Morcegos de Galicia, a través de muestreo de animais en man, por rexistro sonoro, caixas refuxio ou radioseguemento e informou que nas Insuas do Miño, hai instaladas máis de 114 caixas refuxios que albergan media ducia de especies diferentes. Ademais, farán tamén inventarios de odonatos característicos deste espazo natural.

Etiquetas