Skip to main content
ActualidadeLugo

A CIG convoca ás persoas afectadas pola selección de persoal para as residencias de maiores da Deputación

Por 3 Agosto, 2017Agosto 9th, 2017Sin comentarios

A CIG convoca a unha Asemblea Aberta para o vindeiro luns 7 de agosto ás oito do serán no salón de actos do Edificio Sindical de Lugo a todas as persoas afectadas pola selección de persoal para as residencias da Deputación celebradas no ano 2015.

O sindicato recorda que “en maio do ano 2015 a Deputación de Lugo a través de SUPLUSA realizou un proceso de Selección de Persoal para varias Residencias, que estaba previsto comezasen a funcionar no ultimo trimestre do propio 2015”.

“A realidade, a día de hoxe, é que esas residencias non comezaron a funcionar e a data de inicio de funcionamento das mesmas non está clarificada, así como o modelo de xestión das mesmas, e non hai nada que aclare se ese proceso de Selección vai ser respectado, ou non”.

“Diante desta situación de indefensión na que se encontran as persoas que se presentaron a ese proceso de selección e por demanda das mesmas, desde a CIG convocamos unha Asemblea Aberta co gallo de poder organizar ás mesmas, e poder axudarlles a canalizar as dúbidas e inquedanzas coas que viven, dado a situación de indefensiçón e incertidume na que se atopan”.

Desde a CIG entenden que “o mínimo deber da Deputación con estas persoas debe de ser a de clarificar honestamente ás mesmas cal é a súa situación. É por iso que animamos a todas as persoas afectadas a que acudan a esta asemblea co obxecto de poidan organizarse para unha mellor defensa dos seus intereses”.