Relax de Balneario

Chegou o verán e un dos maiores activos turísticos da Chaira, o histórico balneario de Guitiriz, está pechado. Si a pésima xestión das instalacións polo seu proprietario Andrés Conde Medín levou ao desastre económico, o corte do grifo do crédito leva agora a unha situación que non só perxudica ao negocio hosteleiro, senón tamén a todolos negocios de Guitiriz, proveedores, empregados, familias e á imaxe da vila e da comarca. A villa  dos cartos do balneario, pecha moitas tuberías coas institucións paralisadas ou incapaces de solucionar un problema que transcende a unha mera crise  de empresa.

A Banca (ABANCA) principal proprietária da débeda, está máis preocupada por facer caixa que de solucionar un problema que perxudica a grande número de clientes, cando con calquer venta quedarían sobradamente cubertas as perdas, situación aínda menos comprensível cando todos sabemos que calquer impago nun aluguer ou hipoteca ocasiona desafiuzamentos. Non se produciron presións institucionais dabondo ás partes implicadas a pesares do dramático da situación e das mobilizacións, que como mínimo devería levar a unha retirada masiva das contas neste banco co concello e a deputación á cabeza. Guitiriz co balneário pechado, INGEMARGA en crise, o parque empresarial convertido en cidade pantasma e o rural en proceso de desmantelamento necesita das institucións para algo máis que festas e asfaltados de estradas. O balneario é unha mostra da sequía económica da zona e urxe volver a abrir os grifos, pasar do relax do balneário ao relax no balneario. Así sexa.

Antón Tenreiro.

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: