Medio Ambiente convoca axudas para a prevención dos danos da fauna silvestre nas explotacións agrogandeiras

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convoca as axudas para a prevención de datos provocados por fauna silvestre nas explotacións agrarias e gandeiras. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves 17 de agosto a orde de axudas destinadas a persoas titulares de explotacións agrarias ou gandeiras afectadas polos ataques de xabaril e lobo.

O obxecto destas axudas é fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies.

Un can de raza mastín coidando un rabaño de cabras.

Un can de raza mastín coidando un rabaño de cabras.

As actuación subvencionables son para a prevención de danos ocasionados polo lobo: a adquisición de cans protectores e defensores do gando -mastíns e cans de palleiro-, pastores eléctricos e curros de malla electrificada; mentres que para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: a adquisición de pastores eléctricos.

O importe total da convocatoria é de 300.000 euros, dos cales un importe de 180.000 euros se destinan ás medidas de prevención de danos á gandería e de 120.000 euros ás de prevención de danos á agricultura, subvencionándose a adquisición de cans protectores e defensores do gando, ata un importe máximo de 500 euros por can; a adquisición de pastores eléctricos, a contía máxima da axuda por explotación é de 600 euros, e para a adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, a contía máxima da axuda será de 100 euros por malla de 50 metros , ata un máximo de oito mallas por explotación.

O prazo establecido para a presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor da orde.

Etiquetas