Skip to main content
ActualidadeVilalba

Modesto Renda critica que o Goberno Municipal venda coma súas as propostas que a Vilalba Aberta lle rexeita nos Plenos

Por 21 Agosto, 2017Setembro 1st, 2017Sin comentarios

A asemblea de Vilalba Aberta ven de facer público que interpelará ao alcalde, logo de ter coñecemento pola prensa da posta en marcha da mesma iniciativa que o Goberno Municipal censurou a Modesto Renda nun Pleno Ordinario de 2015.

A proposta, relativa á  a colocación de colectores para a recollida do aceite usado de uso doméstico e unha das primeiras que a formación levou a Pleno logo da súa irrupción na corporación municipal, buscaba a superación da fórmula ata ese intre defendida polo Goberno e que se limitaba a instar aos veciños/as a depositalo no punto limpo. Unha fórmula, esta, que tal e como sempre se defendeu dende Vilalba Aberta resultaba e continuaría a resultar un fracaso namentres non se realizara un proceso de concienciación da veciñanza, a fin da reciclaxe  do devandito aceite e se lle facilitara, sobre todo, a forma de facelo instalando colectores onde poder depositalo dun xeito máis cómodo.

Neste senso o asombro da formación e neste senso a súa pregunta, pois para o voceiro asembleario, Modesto Renda, “o infantilismo do Goberno Municipal tradúcese de novo en que medidas de absoluto sentido común sexan ridiculizadas en sesión plenaria por partiren dunha iniciativa política diferente á representada polo Partido Popular, para logo seren copiadas e publicitadas coma súas diante da mesma veciñanza á que se lle fixo esperar media lexislatura por un servizo do que dende hai anos se beneficia xa a da meirande parte de Concellos da contorna”.

É por isto que urxe a Baamonde a “reparar máis no interese xeral da veciñanza e un pouco menos no rédito electoral a conquistar, a fin de que os vilalbeses/as non teña sufrir a parálise constante que se manifesta da súa absoluta falta de iniciativa e determinación”, sentenciou.