O Open de Galicia XCM pecha en Vilalba con triunfos de Busto e Barreira

Javier Busto e Teresa Barreira prolongaron as súas xeiras triunfais na XV Ruta BTT Monseivane – Serra do Xistral, última proba puntuable do Open de Galicia – Anova de cross country maratón (XCM).

O evento organizado polo Club Ciclista As Pontes – Vilalba reuniu a 191 bikers na liña de saída do campo de fútbol da Madalena para completar 76 quilómetros -no caso da proba competitiva e para os máis experimentados participantes na proba non competitiva- ou 62 quilómetros no caso da outra alternativa máis curta para a proba non competitiva.

Finalmente, como gañadores nas súas categorías subiron tamén ao podio Brandan Márquez (Gexa / X-Sauce) e Diana Blanco (Barbanzabike) en elites, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e José Manuel Pérez (Castropol Deporte) nos masters-50/60.

Os gañadores da XV Ruta BTT Monseivane Serra do Xistral no podio coas autoridades.

Os gañadores da XV Ruta BTT Monseivane Serra do Xistral no podio coas autoridades.

Tralo lalinense, a 22 segundos chegaba Márquez, que no sprint pola vitoria en elite superou a López. A cuarta praza, correspondeulle ao máster-40 Trasbach e a quinta posición ocupouna o elite Manuel López (MTC Racing).
Na competición feminina Barreira selou con autoridade o seu pleno de triunfos neste Open de Galicia – Anova cunha distancia de 22 minutos da elite Blanco. Co terceiro posto entre as mulleres fíxose a master-40 Isabel Picoaga (7 Voltas).

Sen accidentes de relevancia, máis que abandonos por problemas mecánicos e as probas antidopaxe ás que se tiveron que someter cinco participantes da proba masculina e tres da feminina ao ser seleccionada pola Axencia Estatal Antidopaxe, a proba remataba coa entrega de trofeos para os cinco primeiros clasificados da proba absoluta masculina e feminina e para os tres primeiros e primeiras de cada categoría.

Tamén en Vilalba se entregaron os premios da temporada 2017 do Open de Galicia – Anova XCM da man de Cheri Grandío, alcaldesa de Vilalba en funcións; César Maroño e Jesús Piñeiro, representantes do C.C. As Pontes -Vilalba; e Esteban Lorenzo, directivo da Federación Galega de Ciclismo.

Etiquetas