O Vilalba FS recibe ao Cidade de Narón despois de pasar a oitavos da Copa Galicia

O Vilalba FS enfróntase ao Cidade de Narón FS, de Segunda B, este mércores 30 de agosto ás nove e media do serán no pavillón municipal de Vilalba.

Será nun amigable despois de clasificarse para oitavos de final da XXVII Copa Galicia ao impoñerse por 3 a 1 ante o  Rececende F.S. O vindeiro rival dos de Alfonso e Luis na competición será o Noia F.S. que acaba de ascender á Segunda División.

 

O club que ven de poñer en marcha o equipo sénior feminino -e que contaba xa con equipo xuvenil e categorías inferiores- estrea páxina web coa que achegar información sobre tódalas categorías do club.

Etiquetas