Trabucámonos

Os equipos de traballo que xestionan á imaxe dos políticos están sempre pendentes do refrán: cría fama e bótate a durmir, penso que é porque lles facilita moito o traballo.

Agora está de moda que os políticos teñen que ser grades xestores, é a mensaxe que toca, como se fose case unha garantía divina. Pero porque temos que aceptar, a fe cega, que tal político ou política son bos porque son grandes xestores, xestores de que? Acaso pensamos que a administración está deseñada para que sexa xestionada por uns poucos xenios brillantes. Non é así: lexislación, normativa, burocracia e procedementos son os xestores do público, a que vén logo esa teima de algún de venderse como xenio na xestión. Pois simplemente, puro “marketing”, é o que viste neste momento, e ademais é case tan impostado como aquelo famoso dos 90, o de “homes de estado”.

O que pasase por un cargo público de elección directa: un político, sabe que os xestores da administración son: o marco xurídico e os funcionarios que o interpretan. Estou logo dicindo que temos que prescindir da política? Non, a política ben feita é a alma dos avances da sociedade. Os xestores son os que teñen que poñer ás ferramentas ó servizo da acción política. Por iso, trabucámonos se escollemos un político valorando que sexa xestor. Non precisamos xestores, precisamos persoas con proxecto e ilusión para cambiar as cousas, os xestores son grises e si son bos, son invisibles, mellor así.

Quizabes algúns pretendan iso, ser só un xestor, mais eu coido que o que precisa Galicia e xente que sinta e que queira o noso País, xestionar é por definición administrar o que xa tes. A política precisa de emprendedores con gañas e con forza. Si, emprendedores con visión de futuro.

Quizabes por iso xa non se teñen en conta os programas electorais? O que ten que ser o verdadeiro plano de obxectivos, a relación contractual co administrado, que nos valería para xulgar o avance ou o cumprimento das promesas, en definitiva o valor da palabra dada.

Cada catro anos estamos trabucándonos. Estamos xulgando a xestión á hora de votar, estamos sendo conformistas. Cando tiñamos que xulgar o grado de cumprimento e de compromiso dos programas, como ferramenta de avance.

Aquel que se considere un gran xestor, fai mellor o seu traballo na empresa privada, en política non se pode ser apoucado.

Juan Carlos Piñeiro Docampo

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: