O Vilalba FS feminino empata ante o Castro FSF na súa presentación

Vilalba FS feminino 17/18.

Vilalba FS feminino 17/18.

O Vilalba F.S. e o F.S.F. Castro empataron a catro nun partido amigable que servía de presentación do equipo feminino local.

Nun espectacular partido disputado o sábado 9 de setembro no Pavillón Municipal de Vilalba ante máis de 300 persoas, a diferenza de categoría entre os dous equipos nin os poucos adestramentos que levan aínda as rapazas dirixidas por Jose e Miguel non chegaba a apreciarse.

O partido resultou moi igualado e con alternativas no marcador. Nos últimos minutos o Castro sacou a porteira xogadora e foi cando as xogadoras locais dispuxeron de varias ocasións para levarse o partido. Os goles do Vilalba F.S. foron conseguidos por Antía (2) e Aine Shilpa (2).

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: