Sotavento abre o prazo de solicitude de visitas

O parque eólico Sotavento recibe visitas.

O parque eólico Sotavento recibe visitas.

O Parque Eólico Experimental Sotavento abrirá o vindeiro 25 de setembro o prazo para realizar a solicitude de visitas para o curso académico 2017/2018. O horario de recepción de chamadas será de nove a once e de doce a dúas.

Co fin de facilitar a visita a Sotavento a un maior número de visitantes e axilizar a xestión, será imprescindible no momento da reserva, sinalar os cursos, o número de alumnos e alumnas e os horarios xunto coas datas solicitadas.

Informar ademais que a participación nas actividades levará, como outros anos, un pequeno custo de 2 euros para menores de idade e 3 euros para adultos (os profesores acompañantes quedan excluídos do pago).

Reserva de datas: 981 563 777 (09.00 a 11.00 e de 12.00 a 14.00 horas).

Información xeral: 981 441 020 (10.00 a 14.00 horas) ou páxina web www.sotaventogalicia.com.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: