Os socialistas locais recórdanlle á Xunta a necesidade de reparar a estrada de entrada a Muras

Estrada de entrada a Muras.

Estrada de entrada a Muras.

O grupo municipal PSdeG-PSOE de Muras aplaude cada investimento que se faga no termo municipal.

Con todo, o voceiro socialista, Mario Rouco, critica que o delegado territorial, José Manuel Balseiro, “se achegue a Muras a facer unha foto por mor dunhas obras de mellora na estrada LU-540; cando a estrada de entrada a Muras se atopa en peores condicións”.

Rouco explica que “a capa de rodadura dos 2 quilómetros de estrada de entrada á capitalidade municipal se atopa en peores condicións”. De feito, esta situación xa foi posta en coñecemento do delegado territorial durante a súa visita ao Concello para facer entrega das dúas vivendas sociais adxudicadas en Muras.

Os socialistas amosan tamén a súa preocupación ante o estado da marquesiña situado nas inmediacións da Volta onde veciños e veciñas agardan o paso da liña da empresa Arriva para desprazarse a outros lugares; xa que “se atopa invadida pola maleza e partes de árbores que fan imposible o seu uso”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: