Un vilalbés, investigado por presunto delito de omisión do deber de socorro tras un accidente

Sobre as sete da mañá do mércores 13 de setembro de 2017, á altura do Km 12,100 da estrada LU-111 (Rábade- Cospeito), Termo Municipal de Cospeito e Partido Xudicial de Villalba (Lugo), produciuse un accidente de circulación consistente en colisión entre un ciclomotor e un vehículo que abandonou o lugar sen socorrer ao condutor do ciclomotor, o cal resultou ferido e precisou asistencia médica sendo trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

No lugar do accidente compareceu instantes despois o equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo que á vista dos feitos pasou aviso ao Grupo de Investigación e Análise de Tráfico que iniciaron unha investigación a fin de localizar e identificar o vehículo fuxido e o condutor do mesmo.

As investigacións realizadas polo Grupo GIAT deron resultado apenas 24 horas despois de producirse o accidente, dado que sobre as sete e media do 14 de setembro de 2017 localizaron ao vehículo fuxido circulando polas proximidades do lugar onde se producira a colisión o día anterior.

A continuación e en coordinación cunha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Villalba lograron parar e identificar o vehículo e ao seu condutor que resultou ser un veciño de Vilalba de 40 anos. Seguidamente procedeuse a informar o condutor do furgón dos seus dereitos como investigado en relación a un suposto delito de omisión do deber de socorro, instruíndose as pertinentes dilixencias para a súa entrega no Xulgado de Instrución de Garda de Villalba.

Etiquetas