Os afectados pola selección do persoal das residencias da Deputación solicitan ante o voceiro socialista “ter en conta” a súa situación ante a súa apertura

A Plataforma de Afectados/as pola selección do persoal das residencias da Deputación reuníase co portavoz do grupo provincial do PSOE, Álvaro Santos para expoñerlle as inquedanzxas do colectivo, ao igual que no mes de agosto fixera cos grupos do PP e do BNG.

O portavoz socialista trasladaba durante esta xuntanza que a prioridade do seu grupo era conquerir os permisos de apertura das residencias e que a xestión das mesmas se realice cunha fórmula que reúna todas as garantías legais.

Así, o colectivo solicítalle que “á hora de establecer as fórmulas de xestión se tivera en conta a situación das persoas seleccionadas, posto que entendemos que responde a criterios de ética e xustiza así facelo, e que no caso do grupo socialista con máis obriga, posto que todo o proceso de xestación das residencias, así como a selección de persoal do ano 2015 foi realizado baixo a responsabilidade política do PSOE, polo que sería extremamente grave que agora se desentendese dun problema xerado por eles mesmos, e do que detrás do mesmo hai moitas persoas e familias afectadas”.

A Plataforma continuará a dar pasos na defensa dos intereses das persoas afectadas e velaremos que a nosa problemática estea presente en todas as actuacións que no futuro se produzan a respecto da posta en funcionamento das residencias.

Etiquetas