Un roteiro da a coñecer os cabalos en liberdade no Xistral

Cabalos en liberdade na serra do Xistral.

Cabalos en liberdade na serra do Xistral.

O Concello de Muras e a Asociación de criadores de cabalos de raza galega Puraga dentro das actividades da XXX Feira do Poldro e do Gando do Monte organizan o sábado 23 de setembro o roteiro divulgativo “Cabalos no Xistral”. que permitirá observar aos cabalos en liberdade e probar a carne de poldro nos establecementos da zona.

O punto de encontro será o lugar de celebración da feira, alto da Gañidoira (km 27 da LU-540), ás once e media da mañá. A xornada de observación prolongarase ata as dúas do mediodía para facer unha parada para o xantar antes de volver ao punto de encontro ás catro da tarde.

Despois das seis da tarde desenvolveranse diversos xogos ecuestres a modo de olimpíadas rurais organizadas por Atila Cabaleiros de Muras.

E despois das oito do serán haberá petiscos e animación musical a cargo dun dj.

Inscrición
A inscrición pode realizarse a través do teléfono do Concello de Muras 982 50 00 01 por un prezo de 15 euros por persoa con guía para o grupo e autobús para desprazamentos incluído. Ingreso na conta de PURAGA: ES54 0238 8263 90 0600017200 (Banco Pastor) indicando nome do asistente/s, “Roteiro Xistral” como asunto e enviando posteriormente recibo por mail a administracion@muras.gal para facer efectiva a reserva da praza.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: