Vilalba acolle un curso federativo de adestrador básico de fútbol

A Federación Galega de Fútbol, coa autorización da RFEF, a través da Escuela Nacional de Entrenadores, convoca o Curso Federativo de adestrador básico de fútbol que ten como finalidade proporcionar aos alumnos, en relación con esta modalidade, a formación que garantice adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas polas federacións de fútbol de ámbito autonómico e da Real Federación Española de Fútbol.

O curso comezará en outubro do 2017 ata completar as 300 horas lectivas divididas en 158 teóricas e 142 prácticas sobre técnica, táctica, adestramento deportivo, ciencias do comportamento e outras áreas complementarias que se desenvolverán os luns e mércores de sete e media do serán a dez e media da noite e que se poderán completar con sesións prácticas os sábados pola mañá.

Aqueles aspirantes con nacionalidade española deberán ter 18 anos ao comezo do curso e non ter cumprido 60, presentar certificado médico de aptitude física no que conste que o alumno non ten impedimento para realizar a práctica como adestrador de fútbol e estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria ou título oficial equivalente segundo plan de estudos do aspirante. E, no caso dos aspirantes sen nacionalidade española, deberán acreditar o dominio do idioma oficial do signatario da Convención, proporcionar probas da súa residencia permanente a través do certificado de empadronamento e NIE e xustificar os motivos para asistir a un curso federativo de adestrador organizado por outro signatario da Convención coas suficientes razóns convincentes. Aínda así, só poderán ser admitidos un máximo do 10% do número total de participantes en cada curso.

En calquera caso, para a obtención do diploma será necesario superar o curso e realizar o período de formación práctica correspondente (tres meses ou 80 horas), excepto para aqueles alumnos procedentes do curso de monitor de fútbol base.

Matrícula e prezos
O curso ten un custe de 900 euros que inclúe os dereitos de inscricións, as taxas de matrícula, os dereitos de ensinanza e exames da convocatoria ordinaria e da primeira extraordinaria. Unha vez realizada a inscrición online -antes do 8 de setembro- na web www.futgal.es, o alumno recibirá por correo electrónico unhas claves para acceder á intranet desde onde se deberán realizar os pagos do curso. A primeira cota de inscrición é de 100 euros; pero, posteriormente, deberán afrontarse outras tres de 350, 300 e 150 euros antes do 30 de setembro, o 31 de decembro e o 28 de febreiro, respectivamente. No caso dos alumnos que procedan do curso de monistor de fútbol base terán un desconto de 150 euros na última cota do curso. E no caso de realizar o pagamento da inscrición mediante transferencia bancaria será necesario enviar unha copia do resgardo ao enderezo escueladeentrenadores@futgal.es ou ao correo interno da intranet da Escuela de Entrenadores.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: