Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza adquire un tractor e un camión para o servizo de vías e obras

Por 20 Setembro, 2017Sin comentarios
Talleres As Granxas fai entrega dun tractor adquirido polo Concello da Pastoriza.

Talleres As Granxas fai entrega dun tractor adquirido polo Concello da Pastoriza.

A área de Medio Rural do Concello da Pastoriza está a levar a cabo a renovación do parque móbil para o servizo de vías e obras.

De feito, está aberto ata o vindeiro mércores 27 o prazo de presentación de ofertas para a adquisición dun camión volquete de obra usado. Para este fin destínanse 60.000 euros –co IVE incluído- que proveñen do Plan Único da Deputación. Os interesados que desexen facer algunha oferta poden encontrar no portal web do Concello as cláusulas coas características técnicas do camión, así coma as melloras e criterios que se valoran.

“Este vehículo substituirá a un camión con basculante que ten na actualidade máis de 30 anos de antigüidade polo que non dispón de moitas das prestacións básicas que actualmente teñen ese tipo de vehículos necesarias para os traballos que realizan”, explica a tenente de alcalde e concelleira da área de Medio Rural, Elva Carrera.

E este mesmo mércores facían entrega tamén dun tractor adquirido para a limpeza e desbroce das vías municipais que se suma a outro que foi adquirido novo fai 10 anos. “Este tractor foi subministrados por Talleres As Granxas da Pastoriza que presentou a única oferta que recibiu o Concello tras invitar a varios talleres”. O custe deste vehículo ascende a 29.500 euros ao que hai que sumar 6.195 euros de IVE.

“Isto permítenos renovar un parque de maquinaria antigo que conta con múltiples deficiencias e que sofre avarías continuas debido aos labores que realizan e de elevado custo debido á súa antigüidade”. Incluso, “en ocasións hai dificultades para encontrar pezas dado que estes vehículos xa fai moito que se retiraron do mercado”.