Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade impulsa o servizo Madrugadores no colexio Otero Pedrayo

Por 3 Outubro, 2017Outubro 13th, 2017Sin comentarios

O Concello de Rábade, en colaboración coa ANPA e o CEIP Otero Pedrayo, pon en marcha o programa ‘Madrugadores’ neste curso 17/18.

O programa, en marcha dende o 2 de outubro, ten como obxectivo atender no colexio entre as oito e media e as dez da mañá aos nenos e nenas que empreguen o servizo da man de persoal cualificado.

Os interesados e interesadas deben inscribirse no Concello. Polo momento, o servizo será gratuíto.