Premios ao mellor lote e mellor vaca para ganderías friolesas en Expolugo A Rural

A raza Rubia Gallega volveu ser protagonista no pavillón do Pazo de Feiras, onde se congregaron uns 120 exemplares para participar na mostra de gando autóctono desta nova edición de Expolugo A Rural presumindo de calidade e beleza ao contar con algúns dos mellores exemplares, procedentes de varias ganderías da provincia, e do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.

Exemplares de Rubia Gallega en Expolugo.

Exemplares de Rubia Gallega en Expolugo.

Algúns dos animais que desfilaron polas rúas do centro de Lugo foron premiados despois polos xuíces, como é o caso dos exemplares da gandería de Manuel López Quiroga, de Samos, quen foi un dos gañadores indiscutibles do Concurso de Gando III Memorial Luciano Sánchez, ao facerse cos primeiros premios nas categorías de mellor semental, mellor #xato e mellor xato.

Outra das explotacións máis premiadas neste certame foi a Gandería da Morena, de Friol, que obtivo catro premios, un deles o primeiro na categoría de mellor lote. Pola súa banda, Gandería Santalla, do Corgo logrou o primeiro premio á mellor cría, ademais de segundos e terceiros postos en mellor xato e semental, respectivamente. Aínda que non logrou primeiros premios, tamén se fixo con segundos e terceiros a gandería de José Antonio Ferreiro, do Corgo, mentres que a de Estrella Buján, do municipio de Friol, conseguiu o primeiro premio na categoría de mellor vaca.

Autoridades municipais, provinciais e autonómicas arrouparon aos gandeiros na entrega de premios e puideron ver de preto a estes impresionantes exemplares de raza loura. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o delegado de Medio Rural da Deputación, Lino Rodríguez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias da Xunta, Belén do Campo, foron os encargados de facer entrega dos premios, xunto ao presidente de Acruga, César Dorado.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: