FADEMUR celebra unha xornada sobre Redes de Transferencia en Castro de Rei

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurales (Fademur) celebraba o luns 9 de outubro na Ponte do Outeiro, parroquia do concello de Castro de Rei en Lugo unha xornada sobre Redes de Transferencia co obxectivo de mellorar a inclusión económica das mulleres do rural de Galicia. O programa posto en marcha conta co financiamento do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Esta cadea de actos celebraranse durante as próximas semanas en nove comunidades autónomas: Galicia, Estremadura, Castilla e León, Castilla-A Mancha, A Rioja, Asturias, Comunidade Valenciana e Andalucía.

As xornadas teñen o obxectivo de informar e formar sobre o acceso das mulleres ao mercado de traballo no medio rural. A participación neste macroproxecto é gratuita, o único requisito é a inscripción previa xa que hai un límite de prazas por cada xornada. Para iso, Fademur abriu un espazo web no que as interesadas poden acceder e elixir en que provincia van asistir ao acto.

Coa participación de expertos en diferentes materias (incorporación de mulleres novas na actividade agraria, Lei de titularidad compartida, medidas de desenvolvemento rural LEADER e Feader, acceso das mulleres a órganos de gobernanza das cooperativas e organizacións profesionais agrarias), Fademur pretende que as xornadas sirvan ás mulleres rurales para decatarse do papel que en conxunto teñen na economía rural, así como das súas opcións, dos problemas que sofren e das estratexias que pode seguir para mellorar a súa situación.

Con todo iso, a organización fomentará a incorporación das mulleres na actividade económica do medio rural, impulsará a permanencia das mulleres no mercado laboral e promoverá o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: