O Concello volve ofrecer clases de memoria, pandereta, baile e Pilates en Muras

Pilates, memoria, pandereta e baile son as actividades que o Concello de Muras bota a andar neste mes de outubro.

Os luns, no local social, hai clase de Pilates entre as sete e as oito do serán. Xa no Concello desenvólvense as clases de memoria, pandereta e baile. As primeiras os xoves entre as seis e media da tarde e as oito do serán; e as segundas e terceiras os venres de sete a oito do serán e de oito a nove, respectivamente.

Etiquetas