Skip to main content
ActualidadeXermade

Mar Hermida renuncia á acta de concelleira do BNG en Xermade

Por 12 Outubro, 2017Outubro 13th, 2017Sin comentarios

Mar Hermida abandona a súa acta de concelleira do BNG en Xermade.

Por motivos familiares, a nacionalista explica que “non me queda tempo para facer o traballo de concelleira como a min me gustaría”. Con todo, avanza que “isto só é unha despedida como concelleira. Paso a un segundo plano, pero seguirei traballando, apoiando e amosándolle o que apredín aos meus compañeiros que van continuar o labor e estou segura de que estarán a moita máis altura da que eu estiven”.