Un home ferido en Begonte ao caer co coche por un desnivel

Un accidente de tráfico rexistrado en Begonte deixa un home ferido. O vehículo saíuse da vía no quilómetro 517 da N-Vi, en dirección A Coruña, e acabou precipitándose por un desnivel.

Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 0:00 horas desta madrugada.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba, ao GES de Guitiriz e á Garda Civil de Tráfico.

Etiquetas