O TDM Basanta Souto cae ante o Dez Portas Porta Falsa

TDM Basanta Souto – Dez Portas Porta Falsa.

A segunda xornada da terceira división nacional de tenis de mesa disputada no pavillón da Mato Vizoso concluía cunha derrota do Tdm Basanta Souto ante os veciños de Lugo, o Dez Portas Porta Falsa que se impoñía por 4 a 1.

O partido poñíase moi costa arriba para os xogadores locais que empezaron perdendo os tres primeiros puntos por tres cero ante os seus rivais que mostraron moita seriedade e á vez transformada en efectividade que fixo que os xogadores locais se visen sorprendidos e sen tempo de reacción, aínda así en todo momento plantaron cara. Uns gran dobres disputado pola parella local formada por Javi Pardo e Pablo Novas, déronlle un punto de emoción ao encontro pois xogando un gran partido impuxéronse por 3-1 conseguindo o único punto para o marcador. Xa no quinto partido Marco saía coa lección aprendida e non deu lugar á remontada dando o resultado final de 4-1.

A próxima xornada será o sábado 21 onde o Tdm Basanta Souto visita a cancha do Ribadeo Carneiros, en Terceira Nacional e en segunda galega o Tdm Basanta Souto A desprázase a Narón para enfrontarse o domingo ás dez da mañá ao Narón Pena Lopesa e ás doce ao Narón óptica Valeo.

Etiquetas