O Concello de Riotorto concede 9.000 euros en axudas ás asociacións do municipio

O Concello de Riotorto achega un total de 9.000 euros ás asociacións do municipio nesta anualidade 2017.

As contías oscilan entre un mínimo de 300 e un máximo de 1.300 euros segundo o tipo de asociación. A Asociación de Bolos Arcasco recibirá 300, 600 foron outorgados á Asociación Arrincadeira e outros tantos á asociación veciñal de Vilaseca, 650 á ANPA do CEIP de Riotorto e 800 para a Asociación Bolos de Meilán. Tanto a Asociación de Pensionistas e Xubilados coma a Asociación Coro ou Amas de Casa recibirán 850 euros; mentres que as contías de 1.000, 1.200 e 1.300 euros foron concedidas á Asociación de Veciñas Santa Comba de Órrea, á Asociación de Ferreiros do Riotorto e á Asociación de Gaiteiros, respectivamente.

Etiquetas