Zumaque Trío ofrece un “Concerto ao Natural” en Rábade

Zumaque Trío.

Continuando o ciclo de Concertos ao Natural, a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) propón unha nova actuación musical para o sábado 28 de outubro na Casas das Ínsuas de Rábade.

A xornada que servirá para xuntar música, natureza e cultura no rural dará comezo ás seis da tarde cunha ruta de hora e media de paseo naturalista con saída e chegada na propia Casa das Ínsuas.

Xa cara ás oito do serán está previsto o concerto de Zumaque Trío que ofrecerá un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. O trío pon en valor e dinamiza estructuras e harmonías da música tradicional cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.

Os concertos fináncianse coa colaboración do público polo que se propón unha aportación de 10 euros ou 3 no caso dos nenos e nenas.

A partir das nove e media do serán celebrarase unha cea distendida cos músicos, polo que a directiva da asociación animan a “levar algo de comer e beber”.

En calquera caso, é imprescindible reservar praza a través do enderezo electrónico concertosaonatural@gmail.com.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: