A Casa do Mel volve debater ideas sobre a vespa velutina

A Casa do Mel de Goente acolle o sábado 4 de novembro, a partir das dez e cuarto da mañá, a segunda Xornada de intercambio de ideas sobre a vespa velutina.

Trala apertura da xornada por parte do alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, haberá tempo para abordar a detención precoz da distribución potencial da vespa asiática en Galicia mediante algoritmos estatísticos automatizados sobre plataformas dixitais, a investigación sobre o uso de parásitos autóctonos como ferramenta biolóxica para combater a vespa velutina, o impacto da loita contra a velutina nos custos das explotacións de mel e mesmo dende o xenerador de alta tensión á construción da arpa. Tras un coloquio sobre os temas abordados e o descanso para o xantar, a xornada continuará coa demostración práctica de eliminación de niños de velutina con dron e outro debate sobre o uso de arpas eléctricas como defensa contra as velutinas.

Etiquetas