A Delegación Territorial acolle as exposicións “O Muro Occidental” e “As Fontes”, dúas visións fotográficas sobre Jerusalén

A delegación territorial acolle dúas exposicións fotográficas sobre Jerusalén.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata finais de mes as exposicións fotográficas “O Muro Occidental”, de Michal Ronnen, e “As fontes”, de Janán Isajar, dúas visións sobre un mesmo entorno físico, a cidade de Jerusalén, e unha mesma realidade, o crisol de relixións que a define.

Esta exposición está organizada pola Embaixada de Israel en España e chega a Lugo da man da Asociación Galega de Amizade con Israel. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a mostra xunto con dous representantes da asociación, Tino Piñeiro, delegado en Lugo, e Ana Arjiz, responsable da exposición, entre outros.

Balseiro asegurou que Jerusalén “é un referente relixioso para gran parte da humanidade e alberga monumentos cargados de simbolismo para as tres grandes relixións monoteístas do mundo: o xudaísmo, o cristianismo e o islam”, sendo este o eixo da obra que presenta Janán Isajar.

Pola súa banda, a fotógrafa Michal Ronnan concentra o seu objetivo no “Muro Occidental”, tamén coñecido como Muro das Lamentacións.

O delegado afirmou que ambas exposicións caracterízanse “pola súa calidade artística, avaladas pola súa exitosa traxectoria en diferentes cidades do mundo” e son “unha chamada á concordia, xa que nos lembran que é máis o que nos asemella que o que nos diferencia”.

Etiquetas