Os prados seminaturais e a súa conservación, a debate en Rábade

Os prados seminaturais son un hábitat que alberga unha gran biodiversidade e constitúen un elemento fundamental da nosa paisaxe rural, pero están en forte regresión. O seu abandono ou a súa transformación en pradeiras artificiais está a ocasionar unha perda de hábitat para numerosas especies pratenses, tanto botánicas como zoolóxicas.

Por iso, o vindeiro sábado 4 de novembro abordarase nunha xornada organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) a situación dos prados seminaturais atlánticos e da súa conservación da man de especialistas.

PROGRAMA
10:00 Apertura das xornadas. Fundación Biodiversidad, deputado de Medio Ambiente Deputación de Lugo, alcalde de Rábade e presidente da AGCT.

10:15 A flora dos prados e a situación dos prados atlánticos por Dr. Jaime Fagúndez, profesor de Botánica da UdC

11:00 Experiencias de conservación de prados en ambientes mediterráneos: Paisatges Vius, por Guillem Mas. Paisatges Vius

12:00 Experiencias en conservación de prados en Reino Unido. por Dr. Richard Jefferson (vía Skype). Natural England

12:45 Pausa – café

13:15 ¿É posible conservar biodiversidade en prados produtivos? por Dr. Eloi Villada. Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

14:10 Xantar.

16:30 Presentación dos materiais divulgativos sobre conservación de prados elaborada pola AGCT.

17:00 Proxecto SOS PRADERAS: modernización do manexo tradicional dos prados de sega ibéricos e produción de sementes. por Dr. Cándido Gálvez. Semillas Silvestres

18:00 Mesa redonda: Afrontar a conservación da flora pratense en Galicia.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: