Paco Nogueiras presenta “Brinca Vai!” na Casa-Museo Manuel María

Paco Nogueiras presenta Brinca Vai.

Paco Nogueiras presenta “Brinca Vai!”.

O músico e actor Paco Nogueiras presentará este sábado, día 28 de outubro, ás seis da tarde, na Casa-Museo Manuel María, o seu traballo musical “Brinca Vai!”.

No concerto, dirixido para o público infantil e familiar, Paco Nogueiras interpretará cancións para os diferentes momentos do ano a través de distintos estilos musicais (techno, rock, folk, reggae…).

O concerto deste sábado en Outeiro de Rei será un dos últimos do exitoso libro-cd “Brinca Vai!”, pois o músico está a piques de publicar un novo traballo musical para as crianzas que leva por título “Radio BULEBULE”.

O custo da entrada é de 2 euros e pódese facer a reserva no tel. 698177621 ou no correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

A actividade está coorganizada pola Casa-Museo Manuel María e as ANPAS do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e Otero Pedrayo de Rábade.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: