Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha colisión entre un camión e un turismo en Vilalba sáldase cunha persoa trasladada

Por 2 Novembro, 2017Sin comentarios

Unha persoa resultou ferida esta tarde despois de producirse unha colisión entre un camión e un coche en Vilalba. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima foi trasladada á Clínica Ollos Grandes.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 584 da A-8, sentido Baamonde.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través das alertas do camioneiro e do 061-Urxencias Sanitarias ás tres e vinte da tarde. Indicaba no seu relato o condutor que o seu vehículo batera contra un coche cando o turismo incorporábase á autovía. Engadía que o camión no que viaxaba non transportaba mercadoría perigosa.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e a Protección Civil.