Skip to main content
Actualidade

Ata 45.000 euros de axudas da Deputación para pilotos de rali

Por 3 Novembro, 2017Sin comentarios

O Goberno da Deputación aprobaba na xunta de goberno deste venres 3 de novembro as bases das axudas en réxime de concorrencia competitiva para pilotos de rali. Son 45.000 euros para unhas 25 bolsas de entre 400 e 7.000 euros.

O prazo de solicitude abrirase, previsiblemente, este mesmo mes, unha vez que esta convocatoria se publique na Base Nacional de Subvencións e no BOP. Están dirixidas a pilotos lucenses, federados e que participasen no 2016 nun mínimo de dúas probas organizadas polas federacións nacional ou galega de automobilismo.

Teranse en conta á hora da súa concesión criterios obxectivos e sociais, como os palmarés, o ránking oficial e a participación en probas federadas. Valoraranse positivamente as solicitudes de mulleres, mozos de entre 18 e 30 anos e persoas con capacidades diferentes.

Con estas axudas poderanse sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.