Riotorto prepara o Mercado de Outono e a III Ruta do Tapeo

Área Recreativa de Ferreiravella.

Coa chegada do outono, o Concello de Riotorto impulsa dúas actividades que xa se teñen celebrado no municipio co apoio da Asociación de Empresarios (AER).

Se o domingo 26 de novembro se celebrará o Mercado de Outono no que haberá servizo de polbo á feira, entre o venres 1 e o sábado 2 de decembro desenvolverase a terceira edición da Ruta das Tapas de Riotorto.

Son un total de sete os establecementos hostaleiros de Riotorto que ofrecerán cadansúa proposta á ruta do tapeo: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma, Bar RDS, Café-Bar Volante e Mesón O Mazo (Ferreiravella).

O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de oito do serán a doce da noite, é de 2 euros.

Entre as persoas participantes sortearanse ata cinco premios: o primeiro de 225 euros, o segundo de 125 euros, o terceiro por un vale de 50 euros de queixos Don Hilario, o cuarto da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo e o quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Carteire.

Etiquetas