O Basanta Souto continúa sen puntuar en Terceira Nacional

Ao Basanta Souto de Terceira Nacional resístenselle os puntos a pesar de desenvolver un bo xogo. De feito, a pesar de chegar á cuarta xornada sen puntuar, os xogadores amosan progresión.

Foi o líder da categoría, o Breogán Oleiros o que se fixo cos dous puntos no pavillón do Mato Vizoso. Cun contundente 4-0 demostraron o seu nivel ante os vilalbeses que non vían reflexado no marcador o xogo desenvolto na cancha.

A vindeira fin de semana o Basanta Souto de Terceira Nacional enfrontarase a partir das cinco ao Breogan Oleiros B, tamén no pavillón do Mato Vizoso onde o Basanta Souto A da Segunda gallega recibe ao Milagrosa B Travel Band ás catro e ao Dez Portas Café Bar Karlos ás seis.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: