Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Mellorado o acceso ao polígono, a avenida Rosalía e a prazuela de Rábade

Por 6 Novembro, 2017Novembro 10th, 2017Sin comentarios

O Concello de Rábade está a desenvolver distintas actuacións previstas nos orzamentos deste ano 2017. Tras rematar as obras de mellora da rúa de unión entre as dúas fases do polígono industrial un orzamento de 62.200 euros financiados nun 80% pola Xunta e nun 20% polo Concello, están en marcha outras obras de mellora no municipio.

É o caso da mellora de captación de auga na ETAP coa que “facer fronte aos problemas de turbidez da auga”, segundo manifesta o alcalde, Francisco Montes. Neste caso o orzamento tamén superará os 60.000 euros do Plan Único da Deputación igual que a pavimentación da avenida Rosalía de Castro. Pero, as melloras nesta rúa rabadense completaranse co acondicionamento dos xardíns no cruzamento coa rúa Coronel Andrade a través do investimento de 14.762,36 euros con cargo ao Plan Único.

A Praza de España, coñecida coma “a prazuela”, tamén está a ser mellorada. Neste caso, o financiamento –dos 43.400 euros do custe das obras- corre a cargo da Xunta nun 80% e do Concello o outro 20%.

Tamén a través do obradoiro de emprego financiado pola Xunta e que o Concello de Rábade comparte con Friol e Begonte, serán acondiciona as as zonas verdes do Concello.