Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Educación familiar en valores

Por 8 Novembro, 2017Novembro 15th, 2017Sin comentarios

O tempo pasado pódese comparar co refrán “auga pasada non move muíños”. Así foi sempre e seguirá sendo. O paso do tempo, especialmente para describir a idade de cadaquén psicoloxicamente, permite ver como e dende que un organismo comeza a vivir amosando os cambios variables porque a idade avanza axeitadamente non por casualidade.

Apréciase na natureza como por exemplo cando un neno xa ten un ano e xa comeza a camiñar… dependendo da súa propia xenética natural… e así proporcionalmente o tempo que transcorre vai indicando e sumando os anos, meses e días. Primordialmente a mentalidade vai xerando o grao de madureza segundo o desenvolvemento da intelixencia que se pode ver reflexada a través das probas psicométricas orientativas de información sobre os procesos evolutivos.

Aquel mestre, autor do libro do Xosé, ao seu alumnado esixía argumentos que xa son historia basicamente pola evolución construtiva axeitadamente propia para inducir a elixir obxectivamente a clave precisa orientativa cara a unha estruturación da personalidade en pro e para a creación de formas propias aos desexos dos seres humanos. A educación das persoas marca un desenvolvemento complementario da personalidade.

Aquel mestre autor do libro do Xosé ao alumnado insistía ser posuidores da prudencia, virtude tan necesaria en todo momento para poder corresponder naturalmente ao desenvolvemento de competencias concretas de aprendizaxes específicos e prácticas sociais que conforman o concepto estimativo que engloba aspectos moi diversos ata favorecer a aparición da linguaxe con explicacións e razoamentos ideolóxicos e crenzas en hábitos e costumes, valores interesantes para a organización socialmente familiar e laboral. En tódalas vivenzas ao ser humano lle xurdiron, xorden e xurdirán inconvenientes e contrariedades imprevisibles con dificultades diversas, pero con estratexias moderadas prudentemente asociadas con fe e humildade todo foi, é e será sempre posible resolver.

“Non hai mal que por ben non veña”, dicía aquel simbólico refrán que demostra que tan necesario foi, é e será importante atopar formas para ser útil á sociedade preventiva e creativamente.

Aos seus discípulos encomendaba aquel mestre, autor do libro do Xosé, que os principais medios educativos eran e son a familia e a escola. Primordialmente a familia garante a supervivencia física, basicamente, e a educación do futuro desenvolvemento a través da figura materna con quen se aprende a linguaxe e ao principio do ben e do mal, actitudes e valores correspondentes psicoloxicamente naturais e afectuosos. O comportamento dos pais transmiten permanentemente resgos da personalidade, control da comunicación e afectividade nas relacións diarias para os nenos de cara ás súas derivacións prácticas inmediatas.

A familia sempre foi e será o escenario das interrelacións e influencia entre os irmáns; xa que as actividades educativas conxuntas son a esencia do futuro educativo transmisor social dos coñecementos para o
desenvolvemento individual e colectivo.

O autor do libro do Xosé como mestre ao alumnado previña que o tempo non era nin é casualidade senón unha utilidade en formas diversas que amosan a realidade do pasado presente e futuro. Destacaba que o paso do tempo foi, é e será sempre un pesadelo. Por iso se inventou o reloxo: para regular sistematicamente segundo e como a cadaquén se lle antoxe… cuestións derivadas do pensamento… Os seres humanos disfrutan en forma de terapia falando del preguntándose a si mesmos esporádicamente o por qué do tempo. Ninguén sabe de que vai a cousa. Pero, cando dúas ou máis persoas falan de tempos pasados e coincidencias vividas na súa xuventude, acostuman resolver de mutuo acordo que agora non é coma antes…

Psicoloxicamente o paso do tempo esixe preparación axeitada seguindo métodos indicativos para que as vivencias cotiás sexan creativas cultural e modelicamente a niveis diversos conxuntamente que cada quen ha de soportar física e psiquicamente para remediar imprevisiblemente e subsanar derivados diferentes que o tempo produce desde… cando… e por…

Para combater o tempo recomendaba ao alumnado aquel autor do libro do Xosé camiñar sen presa en forma de terapia que significativamente era, é e sempre será basicamente importante para evitar toda clase de enfermidades. Comprensiblemente se di: mellor previr que curar… Así serían tamén posuidores dos beneficios que o tempo outorga para disfrutar do paso del con alegría e felicidade plenamente satisfactorio día a día poder dicir con entusiasmo: ¡mellor sorrir que chorar!

Ramón Paz Guntín
A Casa dos Marios