O Concello destina 3.000 euros en axudas a deportistas vilalbeses destacados

O Concello de Vilalba convoca axudas para apoiar, motivar e incentivar o/a/os/as deportistas que obtiveran resultados deportivos destacados no ano 2016/2017; xa que, mediante a súa participación en diferentes campionatos e torneos, promocionan o nome do noso municipio.

As bases deste premio establecen como posibles beneficiarios ou beneficiarias destas axudas aos e ás solicitantes que, con data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, estean empadroados ou empadroadas no Concello de Vilalba con anterioridade de polo menos un ano da consecución do mérito alegado e durante o mesmo; teñan licencia federativa en vigor para o ano ou tempada que se solicita a axuda e ter conseguido os méritos entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017.

O importe destinado a estas axudas é de 3.000 euros que se dividirán entre os seis deportistas que presenten as súas solicitudes e acaden maior puntuación segundo o baremo que contemplan as bases deste premio. As contías serán de 1.000 euros para o primeiro clasificado, 700 para o segundo, 500, 400, 300 e 100 para os seguintes.

Solicitudes
As solicitudes presentaranse no Rexistro municipal ou na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba ata o venres 24 de novembro ás dúas da tarde.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: