Abre o prazo de solicitude das axudas que o Goberno da Deputación ofrece aos pilotos de rali

O Goberno da Deputación abre este sábado 11 de novembro o prazo de solicitude das axudas dun total de 45.000 euros para pilotos de rali da provincia. A inscrición pode facerse ata o venres día 17 de novembro, incluído. En total, concederanse 25 bolsas, das cales 2 estarán reservadas para persoas con capacidades diferentes.

Os interesados poden atopar toda a información sobre estas axudas e o modelo de solicitude na www.deputacionlugo.gal. Deben presentar a documentación no Rexistro Provincial ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das institucións públicas.

As axudas terán unha contía mínima de 400 euros e máxima de 7.000 euros. Son de concorrencia competitiva. Están dirixidas a pilotos lucenses, federados e que participasen no 2016 nun mínimo de dúas probas organizadas polas federacións nacional ou galega de automobilismo.

Poderanse sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.

A concesión estas axudas rexerase en base a criterios obxectivos e sociais, deste xeito, terase en conta o palmarés, o ránking oficial e a participación en probas federadas. Valoraranse positivamente as solicitudes de pilotos con capacidades diferentes, as de mulleres piloto e as de pilotos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: