Skip to main content
Actualidade

O Goberno da Deputación ofrece 600 prazas con descontos en tratamentos termais nos balnearios da provincia

Por 10 Novembro, 2017Sin comentarios

Xunta de goberno da Deputación Provincial.

O presidente, Darío Campos Conde, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno as bases da selección dos usuarios do Lugo Termal 2017. Trátase do programa que ofrecemos dende Goberno da Deputación a lucenses maiores de 55 anos, dende novembro e ata finais de marzo, con descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre.

O presidente informou que trala aprobación na sesión deste venres, este mesmo sábado se publicará no BOP e, a partires do luns, 13 de novembro, abrirase o prazo de prescrición para presentar as solicitudes. Explicou que “con esta programación o Goberno da Deputación potencia o benestar social e permite o acceso dos maiores lucenses ao turismo termal na provincia”.

Campos Conde apuntou que “decidimos ofrecer esta programación, por sétimo ano consecutivo, debido ao grande interese que esperta entre os maiores da nosa provincia. Co Lugo Termal 2017 ofrecemos un total de 600 prazas dirixidas a lucenses maiores de 55 anos, con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos da provincia entre os meses de setembro e decembro”.

Para inscribirse nesta programación é preciso presentar no rexistro da Deputación, o formulario cuberto que hai na www.deputacionlugo.gal, acompañado de 2 fotocopias do DNI da persoa solicitante, e outras 2 do acompañante.

Paquetes subvencionados e prezos
Os paquetes nos que se ofrecerán descontos son os seguintes: consisten en 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, 12 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 190 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación. A distribución das prazas é:

– Balneario Termas de Lugo: 30 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 400 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 170 prazas

Prazas subvencionadas sen estancia. Este paquete inclúe 30 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación. A división das prazas é:

– Balneario Termas de Lugo: 100 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 20 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 20 prazas

Atención especial e acompañantes
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2017 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.