O Concello aproba cambiar o nome do teleclub de Castro de Rei homenaxeando a Xosé Manuel Carballo

O Concello de Castro de Rei aprobaba en pleno a conta xeral do ano 2016 con 8 votos a favor -do PP-, 4 abstencións e 1 en contra.

A última sesión plenaria servía tamén para aprobar a proposta do Grupo Municipal do PP de dar o nome de Xosé Manuel Carballo ao Teleclube de Castro de Rei, ademais de cambiar o nome do local coñecido por teleclub a Casa da Cultura ou Centro Sociocultural, tal e como teñen solicitado os Baluros. Esta proposta recibía o visto bo da totalidade dos concelleiros.

Tamén se aprobaba por unanimidade unha autorización a un veciño da parroquia de Prevesos para que leve a cabo a corta de madeira nunha finca de monte comunal que estaba destinada a plantación forestal.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: