Skip to main content
Breves

Campos Conde participa na mobilización contra o abandono do rural celebrada en Compostela

Por 18 Novembro, 2017Sin comentarios

O presidente da Deputación con Gonzalo Caballero e Xoaquín Leiceaga na manifestación contra o abandono do rural.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado​,​ xunto a outros membros do Goberno Provincial​,​ na mobilización baixo o lema “Non ao abandono do rural”, organizada po​lo sindicato​ Unións Agrarias en Santiago de Compostela. A ​marcha, na que participaron centos de persoas, saíu da Alameda ás 11:30 horas​ e percorreu as rúas da capital galega en protesta pola ausencia de actuacións ​por parte da Xunta de Galicia para frear o despoboamento do ​medio ​rural.