Skip to main content
Actualidade

O BNG preguntará no Padroado da Fundación Rof Codina pola atención aos animais da Protectora de Lugo

Por 22 Novembro, 2017Sin comentarios

O voceiro do BNG na Deputación de Lugo e membro do Padroado da Fundación Rof Codina, Xosé Ferreiro, anunciou que levará ao Padroado da Fundación Rof Codina unha serie de preguntas para que se aclaren os rumores sobre a posibilidade de que o Hospital Veterinario da Fundación deixe de presentar gratuitamente os servizos que lle presta á Protectora de Animais de Lugo. Nos últimos días saíron á luz varias informacións nas que se barallaba este posibilidade “e por iso queremos que se aclare” dixo Ferreiro.

Para o BNG “a Fundación Rof Codina recibe moitos fondos públicos e esto ten que ter un retorno social e entendemos que colaboración coa Protectora é fundamental”. A fundación Rof Codina recibe anualmente máis de 745.000 € de entidades como a USC, a Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación. A achega destes cartos públicos está vencellada a diferentes programas relacionados coas administracións que os aportan pero tamén deben de servir para que o Hospital atenda a entidades de tipo social como é o caso da Protectora.