Jose Cuba a Niza e os escolares a Braga para participar en torneos internacionais

José Cuba.

Varios deportistas do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba participan esta fin de semana nos torneos internacionais de Niza (Francia) e de Braga (Portugal).

José Cuba loitará o prestixioso Torneo Internacional Henri Deglane de Niza no que se reunirán algún dos mellores loitadores de países como Estados Unidos ou Irán.

E, pola súa banda, os escolares viaxarán a Portugal para desputar o Gran Slam de Braga.

O director técnico, Iván Castro, considera “fundamentais” estes torneos de final de ano “para a posta a punto dos nosos deportistas de cara a próxima tempada deportiva, temporada que na contaremos con deportistas nos campionatos de España en tódalas categorías de idade, moitos deles como principais favoritos para acadar o título de campión de España”.

Etiquetas