O condutor dunha furgoneta, ferido tras bater contra un camión na A-8 en Vilalba

Unha colisión entre un camión e unha furgoneta sáldase co condutor deste último vehículo ferido. O sinistro tivo lugar en Vilalba, no quilómetro 581, en sentido Begonte, da A-8.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia, á unha do mediodía deste xoves 23 de novembro. Segundo indicou, despois de producirse o choque, o camión continuou a súa marcha.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Vilalba. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Etiquetas