Última sesión do curso de ilustración da natureza na Casa das Ínsuas

A debuxante da natureza, Mariana Roura, imparte na Casa das Ínsuas de Rábade a terceira sesión do curso de ilustración da natureza o vindeiro sábado 2 de decembro.

Esta última sesión do curso que se desenvolvía neste último trimestre co obxectivo de “dar claves para que os asistentes poidan facer os seus esbozos no campo sobre a fauna e a flora observada” versará sobre o debuxo dos invertebrados.

Esta actividade gratuíta e dirixida a tódolos públicos desenvolverase en horario de dez da mañá a dúas do mediodía.

As persoas interesadas poden inscribirse en www.custodiadoterritorio.org/actividades/. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630 94 82 93 a través do WhatsApp ou vía telefónica.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: