O Goberno da Deputación inviste 143.000 euros na mellora de servizos públicos no rural de catro concellos chairegos

Os deputados provinciais en xunta de goberno.

O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou que o Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno deste venres investimentos por valor de case 1 millón de euros para mellorar servizos públicos de localidades do rural de 12 Concellos lucenses. Fernández Queipo subliñou que “facémolo dentro da aposta deste Goberno por unha Deputación rural, que defende a vida no rural e do rural e que se demostra con feitos e investimentos; a diferenza doutras administracións públicas que lamentablemente empregan rural como slogan”.

A distribución deste investimento de 1 millón de euros (978.000 €) é o seguinte:
– 518.000 euros á mellora do firme dun treito de 2,2 quilómetros da LU-P-1201, de Souto de Torres a Sobrado, concretamente entre os puntos 0 e 2,2, ao seu paso por Castroverde.
– 210.000 euros á rehabilitación do pavimento dun treito de 4,3 da quilómetros da LU-P-0704 que vai do Cereixal, por Pena Maior, á Escola de Montaña de Becerreá, comprendidos entre os puntos 0 e 4,3.
– 90.000 euros á construción dunha pista de pádel cuberta e para realizar pequenas obras no polideportivo, como por exemplo, a mellora dos aseos; no Concello da Pastoriza.
– 42.000 euros á melloras viarias no núcleo rural de Sadrarín, en Ribeira de Piquín.
– 10.800 euros ao acondicionamento de vías en Castañoso, na Fonsagrada.
– 12.000 euros ao arranxo do accesos en Vilar de Subrepuzo, en Vilalba.
– 12.000 euros á mellora de accesos de entrada en Cima da Vila, en Guntín.
– 11.900 euros á rehabilitación do firme de vías de Bexán, no Saviñao.
– 18.800 euros ao acondicionamento de accesos en Vilasouto e fincas agrogandeiras no Son, no Incio.
– 35.900 euros ao reafirmado de vías na Granda, Souto e Caban, en Meira.
– 11.999 euros ao acondicionamento da vía entre a Cegoñeira e Mogueira, en Sober.
– 5.100 euros á mellora do firme no acceso ao núcleo rural de Galegos, en Riotorto.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: