Skip to main content
Actualidade

Os Concellos de Friol, Rábade, Outeiro de Rei e Begonte poñen en marcha un programa integrado de emprego

Por 1 Decembro, 2017Decembro 3rd, 2017Sin comentarios

Ulla, Pardo, Santos e Montes durante a sinatura do convenio para a posta en marcha do programa A-ctivate.

Os Concellos de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Friol inician un programa integrado de emprego promovido polo último a través da sinatura dun convenio para optar a unha convocatoria da Xunta como concellos limítrofes con máis de 500 desempregados no seu conxunto.

A administración autonómica achegará 204.000 euros a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral dependente da consellería de Economía, Industria e Emprego para a posta en marcha do A-ctivate 2, un programa que iniciou o ano 2016 no cal participaron os Concellos de Begonte-Friol e Rábade cun alto descenso no número de desempregados. Polo mesmo, apostan por continuar con esta política activa de emprego ampliando o ámbito de actuación.

Así, o programa iníciase este 1 de decembro e remata o 30 de novembro do vindeiro ano coa participación de 85 veciño e veciñas dos concellos de Friol, Rábade, Outeiro de Rei e Begonte que recibirán unha formación, información, orientación, asesoramento e acompañamento para lograr o obxetivo da inserción laboral.

Este programa pretende reforzar os participantes nas seguintes materias: as redes sociais na búsqueda de emprego, igualdade de oportunidades, activación e motivación para a búsqueda de emprego, claves para superar a entrevista de traballo, idiomas, habilidades sociolaborais, emprendemento e autoemprego e mobilidade laboral.

Isto reforzarase con formación en carnets profesionais e outra formación con prácticas en empresas que xa apoiaron o proxecto e agora se lles presentará para implicar o tecido empresarial e poder ofrecer uns bos profesionais segundo a demanda do mercado laboral.

A sinatura do convenio contaba coa participación dos alcaldes de Friol, José A. Santos; Rábade, Francisco Xosé Fernández; Outeiro de Rei, José Pardo e Begonte, José Ulla.