Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Propietarios forestais de Cirio agrúpanse para formar unha Sofor que xestionará 52 hectáreas

Por 3 Decembro, 2017Sin comentarios

Propietarios de Cirio constitúen unha Sofor.

Coa sinatura de 83 propietarios, aínda que cos pro indivisos a cifra aumenta a máis dun centenar de socios, formalízase a constitución dunha sociedade de fomento forestal (Sofor) que comprende 52 hectáreas de terreo forestal enmarcadas en 480 parcelas da parroquia polense de Cirio. Unha vez dado este paso, solicitarase a súa inscrición no Rexistro de sociedades de fomento forestal.

Coa agrupación destes terreos forestais en Sofor incrementarase notablemente a rendibilidade do monte e contribuirase a unha maior seguridade fronte aos lumes forestais, ao integrar e profesionalizar a xestión dos predios.

Ademais, cómpre destacar que cos cambios normativos aplicados a primeiros de ano a través da Lei de Acompañamento, todo monte conveniado que tivera débedas coa Administración galega consegue liquidalas ao constituírse como sociedade de fomento forestal.

Así, búscase unha xestión máis eficiente e rendible do monte a través do mantemento da propiedade por parte dos titulares dos terreos, que aportan o uso dos mesmos á sociedade. Neste senso, o obxecto social desta figura está especificamente orientado á xestión, aproveitamento e comercialización dos recursos de xeito conxunto.