Torneo de tenis de mesa entre o 9 e o 10 de decembro en Vilalba

TDM Basanta Souto – Dez Portas Grau de Ouro.

O TDM Vilalba perde os dous partidos na súa volta á competición ligueira. De feito, na Coruña o equipo de segunda galega, o Tdm Basanta Souto B, caía por 4-2 ante o Club del Mar Infantil; mentres que na casa, no pavillón do Mato Vizoso, o Tdm Basanta Souto perdía por un contundente 4-0 ante o Dez Portas Grau de Ouro.

A vindeira fin de semana, a Liga sofre outro parón durante o que se celebrará a repesca para o nacional así coma o terceiro torneo Concello de Vilalba de tenis de mesa a disputar no Pavillón Municipal os días 9 e 10 de decembro.

O sábado 9 xogásense as categorías a partir das dez da mañá, con 179 padeeiros inscritos; e o domingo, tamén a partir das dez se disputa o absoluto con 32 padeeiros. Os xogadores chegarán de toda a comunidade galega, así coma dun amplo abanico de idades. O máis novo con 6 anos que participará en pre-benxamín e o máis veterano, con 70 anos, disputará a proba de veteranos maiores de 60. Cada ano acoden máis participantes consolidan esta “gran festa do tenis de mesa” en Vilalba.

Etiquetas