O Ministerio inviste 1,7 millóns no Plan de Xestión do Risco de Inundación da conca do Miño-Sil

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) licitou por un importe de 1.722.261 euros a contratación dos servizos do Plan de Xestión do Risco de Inundación (PGRI) na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, tal e como publica o Boletín Oficial do Estado.

O obxectivo destes traballos, que teñen un prazo de execución de 24 meses, é impulsar a implantación e seguimento do Plan e revisar a Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI) e os mapas de perigo e risco de inundación da conca.

Desta forma dáse cumprimento ao previsto na Directiva Europea de Inundacións e o recolleito no Real Decreto 903/2010, que establece a necesidade de que se elabore unha nova cartografía de zonas inundables, baseándose na revisión dos estudos hidrolóxicos existentes e nos novos traballos de prevención.

Traballos a realizar
Os traballos para realizar inclúen a recompilación e análise da información dispoñible, en particular a relativa á incidencia do cambio climático no risco de inundación e á relacionada coa transformación do territorio, debido á execución de infraestruturas e o desenvolvemento urbanístico.

Tamén levará cabo a revisión e elaboración de estudos hidrolóxicos e hidráulicos e a xeración de cartografía de zonas de risco potencial de inundación; a revisión dos mapas de perigo e risco; a redacción de proxectos de infraestruturas verdes e restauración forestal recollidos no PGRI Miño-Sil, así como a identificación e a elaboración dun inventario de infraestruturas de defensa actualmente existentes na conca.

Así mesmo, identificaranse e estudaranse ao detalle tramos con insuficiente drenaxe transversal e elaborásense informes de seguimento sobre o grao de implantación do Plan, así como un informe final e a organización de xornadas que axuden á súa divulgación. Todo co obxectivo de lograr a definición e execución dun conxunto de actuacións coordinadas e ordenadas, implicando a todas as administracións e á sociedade, para reducir as consecuencias negativas das inundacións, actuacións que constitúen o programa de medidas do Plan.

O Plan de Xestión de Risco de Inundación da Conca do Miño-Sil é, en definitiva, un documento crucial e de referencia para todas as Administracións con competencias relacionadas coa xestión de avenidas (Comunidades Autónomas, Deputacións, Concellos, Comarcas).

Pacto Nacional pola Auga
O desenvolvemento dos Plans de Xestión de riscos de inundación é un dos catro grandes eixos sobre os que se asenta o futuro Pacto Nacional pola auga que está a promover o Goberno para dar resposta aos principais retos da xestión da auga no noso país coa máxima participación, diálogo e consenso.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: